A historia de Erika / Ruth Vander Zee ; Roberto Innocenti
por Ruth Vander Zee; Xosé María González; Roberto Innocenti; Roberto Innocenti; Kalandra.
Tipo:| Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Prestable | IES Antón Alonso Ríos Sala préstamo | 82 C VAN his | 1 | Dispoñible | PED001000004505 |
|
"A HISTORIA DE ERIKA": A editorial Kalandraka conmemora o aniversario da liberación de Auschwitz coa publicación de La historia de Erika que narra a historia dunha supervivente do Holocausto que rememora o tráxico destino do que se librou cando tiña tan só uns meses de vida.
SINOPSE: Transcorreron seis décadas dende a liberación dos campos de exterminio nazis, e Erika cóntanos a súa historia para lembrarnos que a mellor maneira de que non se repita é manter viva a memoria. A Historia de Erika comeza en Rothenburgo, Alemaña, cando Erika rememora a súa historia, a situación que impulsou os seus pais a botala, sendo un bebé, do tren que os dirixía á morte. Erika non sabe nada do seu pasado, nin os que foron os seus pais, nin que día naceu, nin se tiña irmáns. Pero iso non frea as súas ansias de vivir e de formar unha familia. As súas ganas de coñecer lévana a imaxinarse cando ela era un bebé; a súa nai anicándoa entre os seus brazos para protexela, os bicos que nunca recordou, o fedor do tren... Preguntas, a nosa vida está chea de preguntas, como a de Erika. Algunhas delas son doadas de responder cando tes un pasado de recordos, en cambio, outras son máis difíciles de facer por medo ao baleiro dunhas orixes que non coñeces, que che arrebataron: Cantos días estivemos nese tren? En que momento tomaron a decisión? Mentres me envolvía con cariño nunha manta, murmuraría o meu nombre?… Ao mellor nunca obtés a resposta e quizais sexa mellor camiñar cara a diante sen esquecer que todas esas vidas que se apagaron son as estrelas que brillan agora no ceo
Narrativa actual - Denundia do nacismo A historia de Erika