Véndoche un poema / Fran Alonso
por Alonso, Francisco (1963- ) [autor/a]
.
Tipo: | Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
|---|---|---|---|---|---|---|
| Prestable | IES Antón Alonso Ríos Sala préstamo | 82C ALO ven | Prestado | 04/03/2026 | PED001000020486 |
|
Teñen algo que ver a poesía e a publicidade? A publicidade invade as nosas vidas, omnipresente. O que pode sorprender é que a publicidade bota man constantemente de moitos recursos propios da poesía. Ás veces, mesmo emprega a propia poesía para dirixirse a nós e tratar de convencernos. A partir da relación entre poesía e publicidade, Fran Alonso convídanos a explorar esa conexión amigable e contraditoria, interesada e diverxente, para ofrecernos un libro de poemas directos, incisivos e críticos, escritos desde contextos onde as imaxes de anuncios publicitarios nos rodean e acompañan no día a día. «Véndoche un poema» é un libro transgresor no seu concepto, desafiante e atrevido nos versos, que dispara poemas á diana da comunicación máis poderosa do noso tempo: a publicidade.