Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Avelaíñas eléctricas / Sica Romero

por Romero, Sica [autor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: [Ames] : Nêspera editora , 2022 Edición: 1ª ed.Descrición: 217 p. ; 21 cm.ISBN: 9788412553604.Materia(s): Rosalía de Castro | Novela social | Experiencias vitais | Poesía | Vida cotiáResumo: Historia de dúas rapazas, que rematada a carreira universitaria, deciden emprender camiños distintos fuxindo das súas pantasmas. A obra trata con delicadeza e agarimo os distintos temas universais e ancestrais, como son: a violencia, o amor, a amizade, a responsabilidade, a ética, o sexo/a sexualidade, a discriminación, a diferenza, as drogas/as adiccións, etc. Temas presentes tamén nos poemas de Rosalía de Castro que introducen cada un dos capítulos de Avelaíñas eléctricas. Polo tanto, a novela pode empregarse como ferramenta pedagóxica e de reflexión para a propia lectora e/ou como ferramenta para iniciar debates en calquera ámbito social.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES Antón Alonso Ríos
Sala préstamo
82N ROM ave Dispoñible PED001000018587
Prestable IES Antón Alonso Ríos
Sala préstamo
82N ROM ave Dispoñible PED001000018588

O estilo de Sica Romero é rápido, fluído. Encaixa perfectamente coas novas liñas editoriais ‘máis visuais’ e poéticas que podemos observar agora mesmo no mercado do libro. É unha novela onde a poesía ten un lugar especial: aínda que os versos non representen máis que unha vixésima parte da obra, eses poemas resonan na prosa. Polo tanto, é unha obra que no seu conxunto pode ser unha mostra da hibridación de distintas artes, ou/e de distintos xéneros, xa que conflúen a poesía, a prosa, diferentes tipografías, e unha puntuación moi particular nalgúns casos.

Un poema de Rosalía de Castro introduce cada un dos capítulos da novela, o contido deses poemas está estrictamente ligado ós temas tratados en cada capítulo, facéndonos ver así, que a poesía da gran poeta sigue vixente. Coa súa escrita, Sica, tráenos á actualidade as mesmas verbas de inxustiza, e de tantos outros sentimentos reflectidos na obra de Rosalía. Ese é outro valor engadido de Avelaíñas eléctricas: concectar e interpretar na actualidade os problemas que cargamos dende antaño, como se Sica tecese, cos fíos do pasado e do presente, un cable resistente e longo, sobre o que puidese camiñar o mismísimo Philip Pétit entre as torres xemelgas do World Trade Center.

É unha obra recomendable a partir dos trece/catorce anos, incluso é recomendable xusto para esas idades que abranguen a adolescencia, e sen límite máximo porque, a súa vez, calquera outra persoa adulta pode empatizar perfectamente cos personaxes xa que atoparan experiencias e anécdotas que probablemente viviron, ademáis dunha obra completa e enriquecida cun deseño e unha estructura orixinais.

Pode chegar a ser unha boa ferramenta pedagóxica para iniciar debates sobre: a violencia, o amor, a amizade, as responsabilidades, a ética, o sexo/a sexualidade, a discriminación, a diferenza, as drogas/as adiccións, etc. En calquera tipo de institucións: bibliotecas, centros escolares, centros socioculturais, librarías, …

Historia de dúas rapazas, que rematada a carreira universitaria, deciden emprender camiños distintos fuxindo das súas pantasmas. A obra trata con delicadeza e agarimo os distintos temas universais e ancestrais, como son: a violencia, o amor, a amizade, a responsabilidade, a ética, o sexo/a sexualidade, a discriminación, a diferenza, as drogas/as adiccións, etc. Temas presentes tamén nos poemas de Rosalía de Castro que introducen cada un dos capítulos de Avelaíñas eléctricas. Polo tanto, a novela pode empregarse como ferramenta pedagóxica e de reflexión para a propia lectora e/ou como ferramenta para iniciar debates en calquera ámbito social.

3º-4º ESO

1º-2º BAC

Formación Profesional

Coa tecnoloxía Koha