Konnikova, Maria (1984-)

El gran farol / Maria Konnikova ; traducción de Juan Trejo - 1ª ed. - Barcelona : Libros del Asteroide , 2021 - 384 p. ; 21 cm - (A* ; 264) . - A* (Libros del Asteroide) .


En 2016, a escritora experta en psicoloxía Maria Konnikova empezouse a interesar polo papel que desempeña a sorte nas nosas vidas e ata que punto se pode controlar o que nos ocorre. Para pescudalo, decidiu mergullarse desde cero no universo do póker e ver se as dinámicas deste xogo se podían aplicar a nosa propia vida. Non podía sospeitar que en moi poucos meses pasaría de non saber cantas cartas ten unha baralla para converterse en campioa internacional de póker e gañar máis de trescentos mil dólares nun terreo ferozmente competitivo e maioritariamente masculino.
Mentres acompañamos á autora polas reviravoltas do xogo ata a cima, descubrimos todo o que o póker é capaz de desvelarnos sobre o comportamento humano, a toma de decisións, a xestión da frustración ou o papel do azar nas nosas vidas.
Entre a aventura épica e a mellor literatura de divulgación, Konnikova ábrenos a porta a un mundo fascinante e convídanos a coñecernos e a xogar as nosas cartas da mellor maneira posible. Unha narración brillante que se converteu nunha das sorpresas literarias de Estados Unidos.

9788417977795


Konnikova, Maria (1984-)
Konnikova, Maria (1984-)


Póquer--Aspectos psicológicos
Póquer --Aspectos psicolóxicos

794.42:159.9 2015

Coa tecnoloxía Koha